Saltar al contenido

O local

The Temple Music Club é un proxecto enfocado a eventos de música en directo.

A decoración está ambientada na música con múltiples instrumentos musicais e fotos de grupos, cunha iluminación escura. Conta cunha acústica inmellorable para clientes e músicos.

Ofrecemos eventos semanais entre os que están concertos en directo, jam sessions, catas de viños, concursos, shows de comedia, maxia en directo, eventos temáticos e moitos máis.

Se queres estar ao día, mírao na axenda.

Horarios

Mércores, xoves e domingo
17:00 – 02:30
Venres e sábado
17:00 - 03:00
Luns e martes
Pechado

Como chegar

Estrada Pola Vía, 38, 36350 Nigrán

En coche

Hai aparcamento na propia Estrada Pola Vía e nas rúas de arredor.

Transporte pola zona

  • Liñas de bus diurnas dende Baiona, Gondomar e Vigo
  • Parada de taxis da Ramallosa · 986 35 00 09
  • Parada de taxis de Nigrán · 986 36 54 09
Google Maps

O que adoita preguntarse

Fai falta reservar?

Non sempre, pero é moi recomendable en eventos ou para grupos grandes, para evitar quedar sen sitio.

Págase entrada?

Depende da noite. Na axenda aparece sempre se é entrada libre ou se se paga na porta.

Hai cociña?

Si, cociña sinxela para compartir. Na carta está todo.

Pódese pagar con tarxeta?

Si, con tarxeta e con móbil.

Hai terraza?

Si, con 8 mesas.

Podo vir con nenos?

Si. Ao ser un lugar de ocio nocturno non é un local pensado para eles, pero poden desfrutar de moitos dos eventos que propoñemos, sempre baixo a supervisión dos seus titores.